miércoles, 18 de marzo de 2020

Marie Curie


Marie Curie naceu en Varsovia (Polonia), o 7 de novembro de 1867 e morreu en Passy (Francia) o 4 de xullo de 1934. Nacida como María Salomea Sklodowska, Marie Curie é coñecida por ser a primeira muller científica en recibir o Premio Nobel e a primeira profesora da Universidade Sorbona, en París.
Resultado de imagen de biografia marie curie
Os seus primeiros pasos foron como  filla do profesor de Física e Matemáticas Władysław Sklodowski e a profesora Bronisława Boguska. Marie Curie era a menor de cinco irmáns e a súa infancia estivo marcada pola morte dunha das súas irmás, a causa do tifo, e a da súa nai  quen morreu de tuberculose cando Marie tiña só 10 anos. Despois de completar os estudos de educación básica, Curie non podía entrar nunha institución de ensino superior polo simple feito de ser muller. polo que decidiu entrar coa súa irmá Bronislawa nunha universidade clandestina polaca que admitía mulleres. Bronislawa logo foi a París para estudar e en 1891 Marie Curie acabou cambiando para estudar en Francia, grazas a os seus aforros e a axuda do seu pai.

En 1893, Marie Curie graduouse en Física pola Universidade de París, sendo a número un na súa clase. Só un ano despois,coñeceu ao seu marido, pai das súas dúas fillas e compañeiro científico, Pierre Curie. Ela decidiu seguirse formando e o seu seguinte paso foi conseguir un doutoramento e utilizou como tema da súa tese a investigación sobre substancias radioactivas. Fascinado polo progreso da investigación da súa esposa, Pierre decidiu aparcar os seus estudos sobre o magnetismo para axudala. Marie e Pierre Curie traballaron xuntos e en 1898 anunciaron o descubrimento de novos elementos: o polonio e o radio; con todo, non foi ata catro anos máis tarde, cando poderían probar o seu descubrimento

 Grazas a estes descubrimentos Marie Curie gañou o Premio Nobel de Física xunto co seu marido e Becquerel polas súas investigacións sobre radioactividade. A pesar da importancia de Madame Curie nestes descubrimentos, non tivo o mesmo recoñecemento que o seu marido. En 1904, Pierre Curie foi nomeado profesor na Universidade de París e dous anos máis tarde converteuse en membro da Academia Francesa. Por desgraza, en 1906, unha carruaxe de cabalos acabou coa súa vida. Esta inversión do destino levou a Marie a ocupar a cadeira de física do seu marido na Universidade Sorbona converténdose na primeira profesora muller na universidade. 

Resultado de imagen de marie curie guerra
Tras a tráxica morte de Pierre, Marie, profundamente afectada, decidiu continuar a súa investigación e o seu compromiso coa creación dun novo e mellor laboratorio no que a traballar. Durante os anos seguintes, combinou o seu traballo na Universidade co coidado das súas fillas e súa investigación sobre a radio. Descubriu que a terapia de radiación pode ser un tratamento de cancro, o que fixo que Marie gañase seguidores e se tornase popular. Grazas a estas investigacións, Marie Curie gañou o Premio Nobel de Química en 1911. Marie Curie non era só un científica pioneira, tamén tivo un papel importante durante a Primeira Guerra Mundial, comprou varios coches científicos e máquinas de raios X portátiles e creou "ambulancias radiolóxicas". Grazas a este xesto, moitos soldados puideron salvar a vida e ela tornouse na directora do Departamento de Radioloxía da Cruz Vermella Francesa.

Tras a guerra, Curie volveu aos seus estudos e foi parte de varias academias científicas, como a Academia Nacional de Medicina en Francia en 1922 e gañou numerosos premios. Desafortunadamente, debido á radiación a que foi exposta nos seus experimentos, Marie Curie morreu o 4 de xullo de 1934.

Con todo, as súas contribucións á ciencia e á sociedade sempre serán inmortais e será sempre un modelo a seguir para todas as mulleres que buscan o seu lugar no mundo da ciencia.

viernes, 31 de enero de 2020

Lottie Dod



Lottie Dod naceu o 24 de setembro de 1871 en Bebington, Reino Unido e o seu maior logro foi ser a deportista máis vérsatil de todos os tempos.

Lottie naceu nunha familia rica na Inglaterra victoriana, debido a isto nunca tivo que traballar así que decidiu invertir o seu tempo en realizar deporte, Primeiro foi o tenis, con tan só 11 anos participou nun torneo e chamou a atención dos periodistas que a describiron como unha nena extraordinaria. Aoa 15 anos gañou o torneo de Wimbledon e converteuse na tenista máis xoven en realizar esta fazaña, o que fixo que en Inglaterra a coñecesen como Little Wonder (pequena maravilla) e a día de hoxe ninuén a superou todavía.

O máis incríble é que todo isto o facía como un hobbie e non entrenaba dunha maneira seria, na súa carreira tan só perdeu cinco partidos e foi unha das primeiras en utilizar boleas e remates, ao ano seguinte presentouse de novo e volveu gañar pero ao terceiro ano non foi xa que preferiu ir de vacacións coa súa familia a Escocia. Pero o mellor de todo foi cando se rebelou contra a obriga de levar vestidos incomodísimos e longos para xogar, aproveitou que tiña 15 anos e pediu poder xogar co uniforme do colexio, que era máis curto e lle permitía moverse mellor, funcionou, e comezou unha revolución na maneira de vestir que fixo que as mulleres puidesen practicar deportes cómodamente.
Lottie non se atreveu só co tenis senón que cando acompañou ao seu irmán nun viaxe a Suíza descubriu deportes de inverno e converteuse na mellor en deportes como o patinaxe sobre xeo,esquí, curling, alpinismo... e tamén se tirou en trineo por un tobogán de xeo dun kilómetro.

Máis tarde, Lottie intentouno co hockey que era un deporte novo e no que nas mulleres non tiñan representación polo que decidiu fundar o seu propio club que non perdeu un só partido, cando se cansou practicou golf, e aínda que segundo ela este foi o máis complicado de todos, gañou o Campeonat Británico de Golf. Pero non parou aí senón que continuou con otros deportes como tiro ao arco, e en 1906 gañou o seu primeiro torneo e en 1908 foi seleccionada para formar parte do Equipo Olímpico de Gran Bretaña para os Xogos de Londres de 1908 onde gañou a medalla de prata. Todos os seus irmáns tamén destacaron nos deportes pero foi ela a máis coñecida por arrasar en todos os deportes que practicaba.
                                                                                     
Cando estalou a 1ª Guerra Mundial abandoa a súa vida acomodada e decide facerse enfermeira para axudar aos feridos e chegou a ser condecorada pola Cruz Vermella por traballar máis de 1000 horas.

A pesar de practicar todos os deportes, o máis querido para ela foi o tenis e continuou seguindo o torneo Wimbledon que ela gañou cinco veces, chegando a morrer seguindo o mesmo pola radio.

O seu lema foi: ``Quen invente roupa cómoda para practicar deporte recibirá todas as bendicións das mulleres´´.

Elizabeth Jane Cochran (Nellie Bly)


Elizabeth Jane Cochran mellor coñecida como Nellie Bly naceu o 5 de maio en 1864 en Pensilvanya, Estados Unidos e o seu maior logro foi dar a volta ao mundo en 72 días.

Con tan só 18 anos, a valente Elizabeth conseguiu o seu primer traballo como periodista tras enviar unha carta ao diario Pittsburgh Dispatch na que se queixaba sobre un artículo publicado no que se menospreciaba a figura da muller. O director do periódico quedou tan sorprendido que lle ofreceu un posto, pero facelo debía utilizar un pseudónimo para ocultar a súa identidade de señorita ( algo moi común entre as escritoras da época) polo que Elizabeth pasou a chamarse Nellie Bly por unha canción de Stephen Foster (¡Oh!, Susana non chores máis por min).

Nun principio quixeron que ocupara os asuntos dos que se encargaban as mulleres nos diarios como os asuntos de moda, sociedad e cousas da casa pero ela negouse xa que isto a aburría. Ela rematou por convertirse en pioneira do periodismo de investigación xa que non lle bastaba con facer entrevistas e recadar información senón que ela tiña que vivilo para poder escribir sobre elo; así que facíase pasar por empleada dunha fábrica ou sirventa dunha casa para poder denunciar o clasismo e incluso chegou a facerse a loca para que a ingresaran nun manicomio feminino da isla de Blackwell durante 10 días para poder demostrar os malos tratos que recibían as enfermas nestes centros.

Pero o seu maior logro foi dar a volta ao mundo e superar o récord do libro de Xulio Verne, o fixo seguindo un encargo do seu periódico. Así foi que o 14 de novembro do 1889 Nellie partiu dende Nova Jersey cunha soa maleta cara un viaxe de 40.000 kilómetros arredor do planeta utilizando todos os tipos de transporte. Era unha fazaña impresionante polo que o seu xornal decidiu facer unha porra para que os lectores apostaran canto tardaría e incluso comercializou todo tipo de productos como cromos ou xogos de mesa que reproducían as etapas do viaxe. De Nova Jersey foi en barco ata Londres, de alí foi en tren ata París e de aí a Italia e despois en bus por toda Europa ata coller un barco de vapor (foi a primeira muller que viaxou en barco soa sen a protección dun home) que a levou a Exipto. De Exipto foi a Singapur (onde comprou un mono) e de alí a Hong Kong, onde foi en barco ata San Francisco, nese cidade colleu un tren que a levou ata Nova Jersey en exactamente 72 horas, 6 horas, 11 minutos e 14 segundos superando desta maneira o récord de Xulio Verne, a quen coñeceu en París e quen prometeu o seguinte: ``Se consegues dar a volta ao mundo en 79 días, aplaudireite con ganas´´. O último tramo de Estados Unidos causou tal sensación que a xente reuníase para vela pasar e vitoreala ao grito de: ``Go, Nellie, go´´.

Elizabeth Jane morreu en 1922 aos 57 anos, pero tivo unha vida incríble. Actualmente ten un un parque de atraccións en Brooklyn que leva o seu nome e que está inspirado na súa viaxe e na que de cando en vez soa a letra da canción que compuxeron para ela e que é a seguinte: ``Temos que levantar a voz por aqueles aos que mandaron calar. Oh, Nellie, lévanos por todo o mundo e rompe as regras porque ti es a nosa rapaza´´.








 

O seu lema foi: ``Dixen que podía e que o faría. E o fixen´´.

Mary Shelley



Mary Shelley naceu o 30 de agosto de 1797 en Londres e o seu maior logro foi ser a autora da novela gótica por excelencia, Frankenstein. Era filla de dos filósofos, Willian Godwin e a feminista Mary Wollstonecraft e creceu rodeada de libros e de todos os intelectuais que viñan visitar a súa familia.

En 1816, Mary e os seus amigos tiveron que refuxiarse do mal tempo na casa de verán que alquilaran  a orillas do lago Leman, en Suíza, porque nese verán o sol non ía asomar. O motivo desta penumbra era o volcán de Indonesia que entrara en erupción e que expulsara unha grande cantidade de cinzas que ao quedar na atmosfera taparon a luz do sol de gran parte do planeta.

Aquela oscuridade inspirou a numerosos artistas románticos, e como non a Mary e os seus amigos (Lord Byron,Percy Shelley, John William Polidori e Claire Clairmont) quen en vez de lamentarse por non poder disfrutar das vacacións como esperaban facelo decidiron facer festas de pixamas arredor do fogo contando historias de medo e ademais da súa creatividade este grupo de amigos era coñecido polas súas ideas revolucionarias, liberdade sexual e polas súas excentridades (cada vez que se encontraban botaban a cabeza cara atrás e aullaban como se fosen lobishomes).

Para pasar as horas Lord Byron retou a os seus amigos a escribir unha historia de medo para ver cal era a mellor, foi neste momento no que Mary decidiu dar vida a Frankenstein ou o moderno Prometeo, a primeira historia moderna de ciencia fición. A pesar de ter tan só dezanove anos a novela foi un éxito e máis tarde sería utilizada por Hollywood para facer numerosas películas. Aínda que cómpre dicir que estas películas pouco teñen que ver coa historia orixinal na que Frankenstein era un monstruo amarelo e áxil e rápido como un felino ademáis de que falaba de maneira moi culta xa que educouse lendo libros como O paraíso perdido de Milton.

Mary foi unha muller liberal, feminista, rebelde e que cuestionaba o establecido, nunca facendo nada sen antes preguntarse o por qué. Unha muller que viviu unha vida tan literaria como as súas novelas e que nese verán no que o volcán nublou o planeta sufriu unha transformación espiritual no que máis tarde ela describiría como o momento no que saltou da infancia á vida real.

O seu lema foi: ``Ten coidado; pois non coñezo o medo e son, polo tanto, poderosa´´.

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Lili Boulanger


Esta entrada será en colaboración co blog de Alicia Rodríguez, "theloonaverse" no que fala sobre a música e os videoclips dun grupo surcoreano de idols formado por 12 fermosas mozas que , ademáis de cantar ben,reivindican o feminismo nun país moi anclado a tradición. Espero que disfrutedes da entrada, que nesta ocasión non seráde ciencia senón de música, e que vos pasedes polo seu blog.


Marie-Juliette Olga Boulanger, máis coñecida como Lili Boulanger  naceu en París, 21 de agosto de 1893 - e faleceu o 15 de marzo de 1918, foi unha compositora moi destacada da súa época.

Resultado de imagen de lili boulanger
Lili Boulanger demostrou dende unha idade temprá grandes habilidades musicais, propiciadas por el ambiente musical del hogar onde se criou
(a súa avoa foi a cantante Julliette Boulanger, o seu pai, Ernest Boulanger (que gañou o Premio de Roma en 1835) era compositor e profesor de canto no  Conservatorio de París, onde impartiu clases a  nai de Lili, Raïssa Mischetsky). A súa irmá, Nadia, xa destacaba como alumna de composición no mesmo conservatorio cando Lili ingresou en 1912, tamén na especialidade de composición, con el profesor Paul Vidal. Aínda que a composición foi a súa gran vocación, tamén tocaba o violín, o violonchelo, a arpa, o piano e o órgano.


Foi Gabriel Fauré quen deu as súas primeiras clases de piano e canto a Lili. Aos 6 anos xa recibía clases de harmonía . Despois de que a súa irmá, o seu máximi referente, chegase dúas veces á final do prestixioso premio Roma coas cantatas Selma e Roussalka, Lili decidiu presentarse en 1912, o mesmo ano no que ingresou no conservatorio. Despois de caer enferma (debido a unha neumonía que tivo a os dou anos e que provocou que o seu sistema inmune se vira comprometido moitas veces ao largo da súa vida) retirouse pero apareceu de novo en 1913, gañando e converténdose na primeira muller en conseguir este importante premio, fíxoo coa cantata Faust et Hélène, composta para a ocasión e dedicada á súa irmá. 

Grazas ao Premio Roma gañou un contrato dun ano coa editorial Ricordi. Trasladouse a Villa Medici, na cidade de Roma onde se aloxaban os premiados. Coa Primeira Guerra Mundial en 1914 tivo que volver a París e posto que ao seu estado de saúde non podía ser enfermeira de guerra, decidiu fundar o Comité francoamericano do Conservatorio Nacional( unha organización encargada de dar apoio moral a os músicos de loita na Gran Guerra, para mantelos en contacto entre si e para axudar ás súas familias).

En 1916 regresou a Roma uns meses e despois dun diagnóstico souboque só lle quedaba dous anos de vida como moito, apresurouse a intentar rematar algunhas das súas composicións máis importantes, como os Salmos 24 e 129 e a ópera La princesse Maleine (que por desgraza non é capaz de rematar). Pouco despois  regresou a París onde pasou os últimos dous anos.

 Morreu aos 24 anos polo que agora se coñece como enfermidade de Crohn (unha enfermidade intestinal crónica) e foi enterrado no cemiterio de Montmatre, onde tamén se atopa Nadia.


Ao longo da súa vida recibiu o apoio incondicional da súa irmá, sen quen probablemente non podería ter conseguido tanto en tan pouco tempo de vida. Nadia fundou en 1939 o Fondo Memorial Lili Boulanger, en Boston, co obxectivo de manter viva a memoria e o legado de Lili e o apoio a novos músicos prometedores.

domingo, 24 de noviembre de 2019

Margarita Salas


Margarita Salas naceu en Canedo (Asturias) o 30 de novembro de 1938 e morreu o pasado 3 de novembro en Madrid.

Hoxe a súa técnica úsase en múltiples aplicacións, como estudar os microbios, analizar o desenvolvemento embrionario, profundizar no coñecemento dos tumores e incluso catalogar fósiles (arqueoloxía) ou atopar sospeitosos de delitos (forenses).


Pero xunto co seu traballo como investigadora, Margarita Salas será recordada como unha gran defensora dos dereitos das mulleres, como referente feminista, e especialmente como modelo para mozas con vocación científica.

Salas faleceu en Madrid aos 80 anos, o día que cumpría 152 anos do nacemento doutra gran científica e pioneira, a polaca Marie Curie e tamén o fixo cumprindo un soño: imitar a súa gran referencia, Rita Levi -Montalcini, que morreu en 2012 (con 103 anos) e foi ao laboratorio ata o último día.

"Ela dixo que o importante era non ter engurras na cara, senón ter engurras no cerebro. E en broma digo: cando creza quero ser como Rita Levi-Montalcini", dixo nunha recente entrevista con Efe.

A asturiana Margarita Salas, filla dun mestre da República e pai defensor da Institución Libre de Educación - tivo as mesmas oportunidades que os seus irmáns. Cando comezou a súa tese doutoral en 1961, as mulleres non se dedicaban a investigar, pero Ochoa "sempre me tratou como unha persoa, independentemente de se fose muller", explicou.

No seu regreso a España, coa axuda do seu marido, o investigador Eladio Viñuela, creou un laboratorio onde ambos compartiron traballo ata 1970, cando optou polo estudo do virus da peste africana.

En 1967 Salas comezou a estudar o virus Phi29 do bacteriófago, ata que en 1970 descubriu unha proteína encargada de copiar o ADN -ADN polimerase-, capaz de producir copias xenéticas precisamente a partir de pequenas trazas, como unha pinga de sangue. O descubrimento, patentado en 1989, é o que máis dereitos achegou ao CSIC na súa historia e a confirmación de que Margarita Salas é e será un dos maiores da ciencia.

Foi profesora de Xenética Molecular na Facultade de Química da Complutense, impartiu clases na Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid e desde 1974 foi profesora de investigación no CSIC no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, que dirixiu ata xaneiro de 1994. Ademais, foi académica de Idioma, presidenta da Sociedade Española de Bioquímica e cuarta española e primeira membro feminina da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, entre outros moitos cargos.


Entre as innumerables distincións que recibiu ao longo da súa vida destacan: o Premio Carlos J. Finlay da UNESCO (1991); o Premio de Investigación Rey Jaime I (1994); a Medalla do Principado de Asturias (1997); o Premio México de Ciencia e Tecnoloxía (1998); o Premio Nacional de Investigación Santiago Ramón y Cajal (1999); o Premio Oréal Unesco-L para científicos (2000).
Foi nomeada doutora Honoris Causa por unha ducia de universidades, asinou máis de 300 publicacións científicas e tres patentes, un legado infinito difícil de igualar.
Margarita Salas foi unha das mellores no seu campo e un exemplo na loita das mulleres na ciencia e así é como será recordada polas vindeiras xeracións.

Licenciada en Ciencias Químicas e doutora en Bioquímica pola Universidade Complutense de Madrid, estudou na Universidade de Nova York onde, entre 1964 e 1967, foi estudante do premio Nobel español Severo Ochoa.

Tamén recibiu a Medalla de Ouro da Comunidade de Madrid (2002); a Medalla de Honra da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (2003); A Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X O Sabio (2003); a Medalla de ouro ao mérito polo traballo (2005); e o premio Mapfre Foundation por "Toda unha vida profesional" (2009).

Os últimos premios foron o Premio Clara Campoamor do Concello de Madrid (2012), pola súa contribución á igualdade feminina; o Premio á Excelencia Química, do Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Química de España (2014); a Medalla Echegaray, a maior distinción científica outorgada pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (2016); e o premio European Inventor 2019 da Oficina Europea de Patentes en recoñecemento á súa traxectoria.

O seu maior logro científico foi o descubrimento dunha técnica que permite amplificar as cantidades máis pequenas de ADN en cantidades suficientes para facer unha análise xenómica completa, unha invención que se converteu na base da xenética moderna, con aplicacións en todo tipo de campos.




O seu descubrimento, desenvolvido en forma de kits de secuenciación de ADN de fácil uso, obtivo a patente nos Estados Unidos en 1991 e a europea seis anos despois, e só entre 2003 e 2009 (cando caducou) xerou máis de seis millóns de euros en beneficios para o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o maior centro público de investigación español.

Margarita Salas foi unha muller moi traballadora e todo un exemplo na loita das mulleres na ciencia e polo tanto debe ser recordado polas vindeiras xeracións como unha das mellores científicas dos  nosos tempos.


Figuras Ocultas

As próximas entradas serán sobre tres mulleres incribles que se convirtiron en protagonistas da película Figuras Ocultas e que traballaron para a NASA sen ningún tipo de recoñecemento durante moito tempo ( Katherine Johnson, Mary Jackson e Dorothy Vaughan ).

Dorothy Vaughan

Dorothy Johnson Vaughan foi unha profesora de matemáticas afroamericana que se converteu nun das principais enxeñeiras de matemáticas nos primeiros días da industria aeroespacial.

Dorothy Johnson naceu en Kansas City, Missouri o 20 de setembro de 1910. Aos sete anos, os seus pais, mudaron a familia a Morgantown, Virxinia Occidental. Dorothy graduouse na Beechurst High School en 1925 e catro anos despois recibiu o título de bacharel en ciencias pola Universidade Wilberforce de Ohio. En 1932, casouse con Howard Vaughan.

Durante os próximos once anos, Dorothy dividiu o seu tempo entre ser ama de casa e o seu traballo como profesora de matemáticas na Robert Russa Moton High School en Farmville, Virxinia. En 1943, a familia mudouse a Newport News, Virginia e Vaughan comezou a traballar como matemático no Comité Asesor Nacional de Aeronáutica (a axencia predecesora da NASA) no que ela pensou que sería un traballo temporal. 
Resultado de imagen de dorothy vaughan

Tempo despois a orde executiva prohibiu a discriminación por raza, relixión e etnia na área de defensa.Non obstante, incluso coa orde executiva, as leis estatais e locais esixían que os matemáticos "coloreados" traballasen por separado dos seus homólogos brancos.

Dorothy Johnson Vaughan foi asignado á unidade segregada "Informática da Área Oeste", onde se lle pediu que empregase instalacións para comer e aseos distintos. Na NACA foi a responsable de realizar os cálculos matemáticos para os enxeñeiros que realizaron experimentos aeronáuticos en túneles eólicos, sobre as variables que afectaron ao arrastre e  o levantamento dos avións.

En 1949, Dorothy converteuse no primeiro supervisor negro da NACA cando foi ascendida ao xestor de ordenadores da zona occidental. Este grupo de traballo estaba composto integramente por mulleres matemáticas afroamericanas. O título deulle unha visibilidade inusual e colaborou en varios proxectos con outros coñecidos operadores informáticos. Tamén se converteu nunha defensora dedicada para empregadas que merecerían promocións ou aumentos, moitas veces tamén apoiando ás mulleres brancas.

Dirixiu o programa de Informática da Área Oeste durante unha década. Despois, en 1958, cando a NACA pasou á Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo (NASA), a axencia aboliu o ambiente de traballo segregado. 

Vaughan uniuse á nova División de Análise e Informática, converténdose nun programador FORTRAN experto e traballou no Programa de Lanzamento de Vehículos SCOUT (Solid Controlled Orbital Utility Test), un dos vehículos de lanzamento máis exitosos e fiables do país, usado para lanzar un satélite de 385 libras nunha órbita de 500 millas.

Dorothy buscou pero nunca recibiu outro posto de dirección na NASA. Retirouse en 1971. Durante a última década da súa carreira, traballou en estreita colaboración cos matemáticos da NASA, Katherine G. Johnson e Mary Jackson na misión orbital do astronauta John Glenn, que trouxo a confianza ao programa espacial estadounidense. 

Vaughan morreu o 10 de novembro de 2008.

Mary Jackson

Mary Winston Jackson naceu o 9 de abril de 1921, en Hampton, Virginia. Nun momento de segregación racial, as súas habilidades en matemáticas e ciencias gañáronlle un posto de "computador humano" para a NACA (axencia predecesora da NASA), e máis tarde converteuse no primeiro enxeñeiro negro da NASA.

Asistiu ás escolas negras de Hampton e graduouse con honores na George P. Phenix Training School en 1937. Cinco anos despois, obtivo o bacharelato en matemáticas e ciencias físicas no Hampton Institute.   

Resultado de imagen de mary jacksonDespois da universidade, Mary Jackson tivo unha serie de traballos, incluíndo profesora, bibliotecaria e recepcionista. Logo, en 1951, atopou emprego no Comité Asesor Nacional de Aeronáutica (NACA) en Langley, Virxinia. Traballou na sección "Informática da Área Oeste" como matemático de investigación, coñecido naquel momento como "computador humano". En 1953, mudouse á División de Investigación en Compresibilidade da NACA.

Aínda que a orde executiva 8802 do presidente Franklin D. Roosevelt prohibiu a discriminación no ámbito da defensa, a lei estatal de Virxinia aínda aplicaba a segregación no lugar de traballo. Todas as instalacións do traballo contaban con baños e cafeterías separados designados como "brancos" ou "coloreados". Na cafetería da empresa, os brancos podían escoller a súa comida e sentarse nun comedor. Os negros tiveron que facer os seus pedidos de comida a un responsable da cafetería e logo volver aos seus escritorios e comer, unha experiencia que Jackson considerou indignante.

Despois de varios meses de adaptacións "separadas e desiguales", Mary Jackson xa tiña bastante. Ela considerou deixar de fumar, pero un encontro casual cun supervisor fíxoa cambiar de opinión. Despois de escoitar as súas queixas, invitouna a traballar para el e ela aceptou. Rápidamente viu o seu potencial e animouna a tomar clases de enxeñaría. Co paso do tempo, foi promovida á enxeñería aeronáutica, converténdose no primeiro enxeñeiro negro da NASA e desenvolveu a súa experiencia traballando con túneles eólicos e analizando datos sobre experimentos de voo con avións.

En 1978, Jackson pasou a ser administrador de recursos humanos. Exerceu como xerente do Programa Federal de Mulleres na Oficina de Programas de Igualdade de Oportunidades e como Xerente do Programa de Acción Afirmativa. Desde entón ata a súa xubilación en 1985, axudou a outras mulleres e minorías a avanzar nas súas carreiras, aconsellándolles que estudasen e cursasen cursos adicionais para aumentar as súas posibilidades de promoción.

Durante a súa carreira, Mary Jackson foi membro dos consellos e comités de moitas organizacións, incluídas as Girl Scouts of America, e foi honrada por numerosas institucións benéficas polo seu liderado e servizo. Morreu aos 83 anos, o 11 de febreiro de 2005, no Riverside Convalescent Home de Hampton, Virxinia.

En 2016, a historia de Jackson e os seus compañeiros da NASA, Katherine G. Johnson e Dorothy Johnson Vaughan, que calcularon as rutas de voo para o proxecto Mercury e o programa Apollo na década de 1960, chegou á gran pantalla coa película Figuras ocultas.

En 2018, anunciouse que a Jackson Elementary School de Salt Lake City, Utah, chamada así polo presidente Andrew Jackson, pasaría a denominarse Mary W. Jackson Elementary School en honor da revolucionaria enxeñeira da NASA.

Katherine Johnson

Nada en White Sulfur Springs, Virxinia Occidental, o 16 de agosto de 1918, a intensa curiosidade e brillo de Katherine Johnson fíxoa sobresaír na escola. Á idade de trece anos, cursou a escola secundaria no campus do historial negro West Virginia State College. Con dezaoito anos, matriculouse na mesma universidade, onde fixo un traballo rápido no currículo de matemáticas da escola e atopou un mentor que foi o terceiro afroamericano en obter un doutorado en Matemáticas.

Resultado de imagen de katherine g johnson

Cando Virxinia Occidental decidiu integrar silenciosamente as súas escolas universitarias en 1939, o presidente do estado de Virxinia Occidental, o doutor John W. Davis, seleccionou a Katherine e a dous estudantes masculinos como os primeiros estudantes negros para ofrecer prazas na escola insignia do estado. , a Universidade de Virxinia Occidental. Katherine deixou o seu traballo de docente e matriculouse no programa de matemáticas de posgrao. Non obstante, ao final da primeira sesión, decidiu deixar a escola para comezar unha familia co seu marido. Volveu á docencia cando as súas tres fillas medraron.

En 1952, un familiar faloulle das prazas vacantes na sección de informática de Área Oeste no laboratorio Langley do Comité Asesor Nacional de Aeronáutica (NACA), encabezado polo seu colega de Virxinia Occidental Dorothy Vaughan.

Katherine e o seu marido, James Goble, decidiron mudar a familia a Newport News para aproveitar a oportunidade e ela comezou a traballar en Langley no verán de 1953. Apenas dúas semanas despois de entrar na oficina, Dorothy Vaughan asignouna a un proxecto na sección de manobras de carga de voo da división de investigación e a posición temporal de Katherine pronto quedou permanente. Pasou os seguintes catro anos analizando datos de probas pero mentres terminaba este traballo, o seu marido morreu de cancro en decembro de 1956.

Ela fixo unha análise de traxectoria para a misión Freedom 7 de Alan Shepard, en maio de 1961, o primeiro voo espacial humano dos Estados Unidos. En 1960, ela e o enxeñeiro Ted Skopinski foron coautores dun informe que determinaba as ecuacións que describen un voo espacial orbital no que se especifica a posición de desembarco da nave espacial. Foi a primeira vez que unha muller da División de Investigación en Voo recibiu crédito como autora dun informe de investigación.

En 1962, mentres a NASA se preparaba para a misión orbital de John Glenn, Katherine foi chamada a facer o traballo para o que sería máis coñecida. A complexidade do voo orbital requirira a construción dunha rede de comunicacións a nivel mundial, conectando estacións de seguimento de todo o mundo con ordenadores IBM en Washington, DC, Cabo Canaveral e Bermudas. Os ordenadores foran programados coas ecuacións orbitais que controlarían a traxectoria da cápsula na misión de Glenn's Friendship 7, desde o despegue ata o desembarco, pero os astronautas estaban desconfiados de poñer a vida ao coidado das máquinas electrónicas de cálculo, que eran propensas. para contratempos e apagóns. Como parte da lista previa de comprobación, Glenn pediulles aos enxeñeiros que "conseguisen a moza" -Katherine Johnson- que executasen os mesmos cálculos a través das mesmas ecuacións que foran programadas na computadora, pero a man.  O voo de Glenn foi un éxito e marcou un punto de inflexión na competición entre Estados Unidos e a Unión Soviética no espazo.

Cando se lle pediu nomear a súa maior contribución á exploración espacial, Katherine Johnson falou sobre cálculos que axudaron a sincronizar o desembarco lunar do Proxecto Apollo co módulo de mando e servizo na órbita lunar. Tamén traballou na lanzadeira espacial e no satélite de recursos terrestres e foi o autor ou coautor de 26 informes de investigación.


Retirouse en 1986, despois de trinta e tres anos en Langley. "Encantoume traballar todos os días", dixo.
En 2015, aos 97 anos, Katherine Johnson engadiu outro logro extraordinario á súa longa lista: o presidente Barack Obama concedeulle a Medalla á liberdade presidencial, a máxima honra civil de Estados Unidos.

miércoles, 20 de noviembre de 2019

Mary Somerville

Resultado de imagen de mary somervilleMary Somerville naceu en Jedburgh o 26 de decembro de 1780; Mary pasou a súa infancia en Burntisland, unha pequena cidade en Edimburgo.

 O seu pai era mariñe polo que pasa longas estadias fóra de casa e a súa nai, filla de un avogado, ten unha educación basada en saber bordar, cociñar e leer algúns pasaxes da Biblia; esta educación traspasoulla a súa filla Mary.

Cando o seu pai voltou da Guerra de Independecia de América, notou que a súa filla non sabía leer con soltura e tampouco reter conceptos básicos; polo que decidiu mandala a escola de miss Primrose onde aprendeu algo de francés e a leer e escribir con soltura, aínda que ela recorda o paso por esta escola como unha das peores experencias da súa vida, debido a que desalentaban aos alumnos a estudar.

Grazas ao aprendizaxe da lectura avanzada puido leer todos os libros que conseguiu cando regresou a Burntisland, aínda que foi moi criticada tanto pola súa familia como polos seus coñecidos os seus pais deixaron que se seguise formando.

Mary estudaba música, costura e pintura, tocaba o piano-forte e nunha visita a casa dos seus tíos, Martha e Thomas, en Jedburgh comezou a estudar latín co seu tío.A partir desa visita comezou a leer as obras de Shakespeare e as poesías de Ossian; co seu rudimentario francés, un diccionario e moito entusiasmo comezou a intentar asociar as súas observacións nocturnas dende a ventá coas estrelas e constelacións do globo.

Nas festas xuvenís coñeceu a Samuel Greig, cónsul ruso en Gran Bretaña, quen máis tarde se convertiría no seu marido, aínda que a científica non tiña moito agrado cara el, debido a que non era  oi partidario da ciencia e moito menos de que unha muller a estudase. O matrimonio foise a vivir a Londres, tivo dous fillos e durou tan só tres anos, xa que Samuel morreu. Tras a morte do seu marido Mary volveu a Edimburgo cos seus dous fillos, e como a sua situación económica  non era moi mala puido escapar das presións da súa familia e da discriminación que existía cara a muller.

"Dende os meus anos de xuventude, a miña mente rebelouse contra a tiranía e a opresión e sufrín pola inxustiza no mundo negando todos os privilexios da educación ao meu sexo que estaban reservados aos homes".

Continou criando aos seus fillos e crecendo intelectualmente lendo libros como Astronomy de Ferguson e Principia Mathematica de Isaac Newton; na súa carreira axudouna moito entrar na Edinburgh Review, un grupo dos científicos máis importantes e cos que puido compartir as súas inquietudes e opinións sobre os temas de ciencia que eran polémica nese momento. Neste grupo de homes Mary puido avanzar moito debido a mente aberta de todos eles que non dudaban en compartir o coñecemento con ela sen ter en conta o seu xénero.

Tempo máis tarde Mary reencontrouse co seu curmán William Somerville, este pasara moito tempo no extranxeiro e non era o prototipo de varón victoriano, era cirurxián, un home moi intelixente e sempre ao día nos asuntos do seu tempo, estaba por riba dos prexuízos do seu tempo e falaba numerosos idiomas; todo isto fixo que Mary decidira casarse con el.

O matrimonio e o fillo de Mary, xa que o outro morrera, e o de William, que estivera casado e tivera un fillo ilexítemo, fóronse a vivir a Londres onde lle deran traballo a William, aínda que a William non lle foi moi ben, Mary aproveitou estar na cidade onde se estaba producindo o fenómeno científico inglés para porse ao día en todo o coñecemento que puidera. Ao ser muller tivo numerosos problemas ao longo da sua vida que foron solucionados polo seu marido que lle abriu as portas da Royal Society o a British Association for the Advancement of Science, ademáis das tertulias e foros intelectuais.

Os Somerville foron facendo grandes amigos como Charles Peacock, Charles Babbage, e os famosos astrónomos Herschel.
William Herschel, descubridor de Urano e os seus satélites inventara o telescopio máis potente do mundo; na sua casa o matrimonio Somerville coñeceu ao fillo de William, John, e a sua muller Margaret. As súas parellas comezaron unha amizade moi sólida e John axudou a Mary na sua carreira, explicándo e resolvéndolle as súas ideas e incluso correxindo os seus escritos; ademáis Mary pasou largas horas mirando polo telescopio o ceo nocturno.

En 1806 Mary publicou o seu primer traballo científico que trataba sobre as propiedades magnéticas dos raios ultravioletas do espectro solar e que apareceu na revista Philosophical Transactions of the Royal Society of London e aínda que a sua teoría foi refutada tempo despois a teoría era tan orixinal que atraxo o interés de varios científicos. Uns meses despois lord Henry Broughamm encargoulle, en nome da Royal Society, a traducción e versión explicada da Mecánica Celeste de Laplace, para que esta fora máis comprensible para todos.
Cando se publicou houbo unha acollida enorme por parte do público debida as increíbles e sinxelas explicación que fixo Somerville sobre a obra; a partir dese momento Mary non vai deixar de escribir libros. A publicación da obra a convertera nunha celebridade e a autora comezaba a ser reclamada en todas partes; este éxito non acomplexou para nada ao seu marido quen disfrutou e celebrou con ela o seu triunfo.

"O calor co que Somerville acolleu o meu éxito afectoume profundamente; un entre dez mil disfrutaría como el o fixo, pero era de natureza xenerosa, nada máis lexos del que os ciumes".

Mary comexou un novo libro chamado A conexión das ciencias científicas, dous anos despois en 1834 publica o seu libro despois de dedicarlle intensas xornadas de escritura e preparación. Nese tempo William cae enfermo e a familia múdase a Italia para que mellore co tempo cálido, alí publica en 1848 o seu terceiro libro chamado Xeografía física, que será o que alcance maior éxito.

En 1860 William morre despois de 50 felices anos de matrimonio. A súa morte provocará unha depresión na súa esposa que decidiu mudarse xunto coas súas fillas a Nápoles, alí con oitenta e cinco anos comezou a escribir o seu cuarto libro Ciencia molecular e microscópica.

Mary decidiu recoller as súas memorias nun libro que a petición dela se publicaría despois da súa morte e que foi chamado Cartas de personaxes célebres. Mary morreu o 29 de novembro de 1872 poucos días antes de cumprir os noventa e dous anos.

Unha das súas fillas, Martha, publicou a autobiografía da súa nai no ano 1873 co nome de The Personal Recollection from Early Life to Old Age of Mary Somerville.

Mary Somerville foi unha muller polifacética que puido facer compatible a súa labor científica coa de esposa e nai de familia e coa súa experencia persoal alentou a numerosas mulleres a levar unha vida completa ademáis de apoiar o voto feminino no Parlamento. En resumo unha muller incrible que merece ser recordada con todos os honores posibles.



viernes, 1 de noviembre de 2019

María Andrea Casamayor y de la Coma

A principios do século XVIII naceu en Zaragoza a única muller española científica da que nos queda constancia.
Resultado de imagen de maria andrea casamayorO seu recordo e practicamente inexistente e pouco nos queda dela excepto por unha das súas obras sobre as matemáticas.

María Casamayor viviu no Século das Luces, ao igual que Émilie de Breteuil da que falamos antes, neste tempo en Aragón hai unha gran decadencia económica, agrícola e educativa. A chegada ao trono do rei Felipe V supuxo a final dos Decretos de Nova Planta pero tamén a chegada dos pensamentos dos momentos da Ilustración que están tendo lugar no resto de Europa.

Recibiu a educación dos escolapios, pertencentes ao clero, cousa estrana xa que normalmente só daban educación aos homes; María escribe anos máis tarde para agradecerlles pola educación que recibiu deles.

María Casamayor escribiu dous obras, unha deles chamada Titocinio aritmético. Instrucción das catro regras llanas que saca a luz Casandro Mamés de la Marca y Araioa e é a que chegou ata nós cun nome masculino que é un anagrama do seu nome completo. Este libro ensina a sumar, restar, multiplicar e dividir paso a paso e con moito interés en explicalo con claridade e   facilidade a comprensión; tamén se advirte que a autora quería que o libro fose utilizado na vida diaria e nos negocios. A obra tamén inclúe unha detallada e completa relación de todos os pesos, medidas e moedas da época na Coroa de Aragón cos seus valores e equivalencias.

María buscaba con esto que a información chegase a todo o mundo incluído as clases baixas sen recursos; este desexo viña de que para os negocios eran necesarias estes coñecementos básicos pero que a maioría da xente non tiña debido a que estes documentos estaban recollidos en obras máis extensas e tan caras que pouca xente podía permitise compralas; dícese que aínda que María escribía cousas elementais tiña un amplio coñecemento no campo das matemáticas.

A segunda obra que escribiu e que non se conserva é O para sí só de Casandro Manésy Araio. Noticias especulativas e prácticas dos números, uso das tablas de raíces e regras xerais prara responder a algunhas demandas que con ditas tablas se resolven sen álxebra, desta obra sabemos que se trataba dun manuscrito de 109 follas que contaba con follas de cálculos, sumas, restas...

O 24 de octubre de 1780 morreu arredor dos 70 anos máis ou menos, foi enterrada na Igrexia do Pilar; como non tivo fillos os seus irmáns herdaron todo.

María Casamayor tivo unha predecesora chamada Fátima de Madrid que vivía no califato de Córdoba e era filla de Abul Qasim Maslama, conselleiro de Almanzor e quen introducira a astroloxía en Al - Andalus. Gracias ao seu pai Fátima aprendeu sobre o universo e escribiu o seu propio libro chamado Correcións, no que revisaba os coñecementos existentes e enmendaba os erros ademáis de actualizar os acontecementos ocorridos nese campo.

lunes, 28 de octubre de 2019

Émilie de Breteuil, marquesa de Châtelet

Émilie de Breteuil naceu en 1706 e morreu en 1749; foi a muller científica máis importante do Século das Luces.

Resultado de imagen de emilie de breteuilDende nena tivo moito interés en aprender (cando tiña tan só 12 anos xa sabía latín, grego, alemán e italiano, leera os mellores fragmentos de Horacio e Lucrecio no idioma orixinal e sabía os textos de Virxilio de memoria). Casou cando tiña 19 anos nun matrimonio de conveniencia, moi frecuentes nesa época, con Florent Claude, marqués de Châtelet-Laumont, quen era un home interesado na caza e na guerra e pouco na cultura; aínda así sabía apreciar as cualidades da sua esposa á que admiraba e axudaba cos seus estudos.. O matrimonio tivo dous fillos pero pouco a pouco foise distanciando aínda que sempre conservaron unha excelente amizade.   

Naquela época o ambiente científico dábase nas academias e nas tertulias dos cafés, ás que tan só podían ir homes; Émilie, con audacia e confianza, acudiu alí disfrazada de home e foi recibida con  tantos aplausos e victores que os propietarios tiveron que deixala quedar..

En 1733, Émilie entrou en contacto con Voltaire, un escritor brillante e con moito éxito social que intentaba dar a coñecer en Francia as teorías de Newton. Voltaire queda impresionado con Émilie, ao igual que ela, e comezan a frecuentar os cafés, os salóns e incluso a corte de Versalles.
Ao ano seguinte Voltaire recibe aviso de que as súas  Cartas inglesas, nas que avoga pola liberdade relixiosa e política en Gran Bretaña, foran interpretadas como un ataque a Luis XV e a Igrexia de Francia, e que como resultado ía ser encarcerado; neste momento decide fuxir cara París.

Émile ao enterarse da situación decide prestarlle o seu castelo de Cirey, que se encontra a 200 km de París, Voltaire acede e decide reformar o castelo que nese momento estaba practicamente en ruinas; un ano máis tarde, Émilie, xunto cos seus dous fillos múdase alí.

Émilie e Voltaire foron amantes durante 15 anos nos que a parella escribiu libros  como Elementos da filosofía natural de Newton ( divulgacion sencilla das teorías da gravidade, a óptica e a luz), escrito por Voltaire pero que contou coa axuda da marquesa, Gramática razoada, escrita por Émilie pero que non se chegou a publicar e Exame do Xénesis (no que expuñan os seus planteamentos sobre o libro sagrado.
Émilie escribiu máis adiante un libro chamado As intitucións da física ( na que se expuña de maneira divulgativa e metódica e con comentarios persoais os principais conceptos da xeometría e a física; iniciando o libro cunha metafísica de Leibniz, onde chegaba incluso a contradicier algúns puntos das teorías de Newton), para que o seu fillo puidera estudar por un libro actualizado con todos os avances da ciencia.

Émilie foi criticada durante toda a súa vida debido ao interese que tiña por todo o relacionado coa ciencia. Advertíndoa, Voltaire, desta situación coas seguintes palabras:

" Escoitádeme, respetable Émilie, sodes bela, así que a metade do xénero humano será o voso inimigo. Sodes boa e seredes traizoada".

Esta críticas chegaron tanto de familiares como de "amigas"; unha das principais persoas que a criticaban era a súa curmá, Renée- Charlotte que chegou a dicir cousas como estas:

"Émilie é un coloso de tomo e lomo. Un fenómeno de forza e torpeza; tiña uns tremendos pés e unhas mans enormes, unha pel como rallador de noz moscada... sempre pedante e dándose de trascendente, mentras o confundía todo".

Outra muller que a criticou profundamente foi madame Deffand, propietaria dun dos salóns máis importantes dese tempo e coñecida de Voltaire; falando na súa correspondencia privada sobre o seca que era, grande, sen cadeiras, peito nin cú a marquesa de Châtelet.

No 1744, a relación con Voltaire enfríase cando este decidiu ir a Berlín e comezou a encontrarse con outras mulleres, en especial coa súa sobriña. Émilie continuou coa súa labor de traducir e comentar obras de Darwin como Principios matemáticos da filosofía natural.

En 1748, Émilie vai a Luneville, actual Nancy para ver a unha amiga e coñece ao marqés Jean- François de Saint-Lambert, con quen mantén unha relación e queda embarazada. Nese tempo Émilie segue traballando na traducción de Principia outro libro de Newton e Voltaire volve para pasar un tempo con ela antes do parto. Desgraciadamente Émilie non sobrevive ao parto e a nena que deu a luz tan só sobrevive uns días máis.

Émilie leva en sí o espíritu da Ilustración, no amor pola razón e o coñecemento, na búsqueda da felicidade e na importancia de conseguila. Ela tivo a súa propia noción de liberdade e a aproveitou; creía en sí mesma e pouco lle importaban as críticas. Émilie mirou ao mundo con ollos libres de prexuízos e dixo:

"Si eu fose rei... reformaría un abuso que posterga, por así dicilo, a metade do xénero humano; faría participar as mulleres en todos os dereitos da humanidade e sobre todo dos do espíritu".



viernes, 25 de octubre de 2019

Hipatia, a primeira muller científica

Hipatia foi unha filósofa e mestra neoplatónica que naceu en Alexandría no ano 355-370 e que morreu asasinada no 415.

Resultado de imagen de hipatiaHipatia cultivou o campo das matemáticas, escribindo libros de xeometría e álxebra, e da astronomía e mellorando  o primitivo diseño do astrolabio ( instrumento que permite determinar a posición das estrelas). Como mestra educou a unha selecta escola de aristócratas que chegaron a ocupar altos cargos como,por exemplo,o bispo Sinesio de Cirene, un dos seus discípulos preferidos e con quen mantivo correspondencia moi a miúdo, a él debémoslle o maior número de testimonos sobre Hipatia.

" Nós poidemos ver cos nosos propios ollos e ouvir cos nosos oídos a auténtica mestra da filosofía" - Cirene ao seu amigo e condicípulo sobre Hipatia.

Hipatia chegou incluso a superar ao seu pai, Teón, un astrónomo, matemático e último director e profesor do museo de Alexandría. Hipatia, seguramente espertou o interés cara a ciencia grazas a o seu pai, que ao ver as dotes da súa filla facilitoulle leccións e libros para que aprendera o máximo posible.
                                                                                                       
Nesa época os filósofos eran tan famosos como os cantantes e futbolistas de hoxe en día; os admiradores de Hipatia xuntábanse baixo a súa baranda esperando a q saíra e os saludara.

" Certo día sucedeu que Cirilo, bispo cristián de Alexandría , pasaba por diante da casa de Hipatia e viu unha gran concentración de xente e de cabalos ante a porta. Cando Cirilio preguntou qué había alí, a multitude lle contestou que era a casa da filósofa Hipatia e que ela estaba saudándoos".

Esta influencia ocasionou anos máis tarde a sua morte a mans dun grupo de fanáticos, que segundo Sócrates foi dirixido por Cirilo,quen tiña ciumes e que se beneficiaría políticamente coa morte de Hipatia. Este grupo colleuna cando ía para a sua casa nun carro, arrastrárona por toda a cidade levándoa ao templo de Cesarión onde a desnudaron e a mataron con trozos de cerámica dos escombros, despois de descuartizarla queimaron os seus restos. A sua morte perturbou á poboación, causando medo, desánimo e reprobación.

Desta maneira tan horrible remata a incrible vida desta muller ciéntifica que revolucionou ao mundo coa sua maneira de pensar e que terminou sendo olvidada co paso do tempo.





domingo, 20 de octubre de 2019

As mulleres na ciencia

Neste blog, que será a miña ferramenta durante o curso 2019-2020 para a asignatura de Filosofía da ciencia e da tecnoloxía, vou falar sobre aquelas mulleres que fixeron grandes contribucións na ciencia ao longo da historia e que, na maioría dos casos, foron esquecidas polo resto da sociedade.