miércoles, 11 de diciembre de 2019

Lili Boulanger


Esta entrada será en colaboración co blog de Alicia Rodríguez, "theloonaverse" no que fala sobre a música e os videoclips dun grupo surcoreano de idols formado por 12 fermosas mozas que , ademáis de cantar ben,reivindican o feminismo nun país moi anclado a tradición. Espero que disfrutedes da entrada, que nesta ocasión non seráde ciencia senón de música, e que vos pasedes polo seu blog.


Marie-Juliette Olga Boulanger, máis coñecida como Lili Boulanger  naceu en París, 21 de agosto de 1893 - e faleceu o 15 de marzo de 1918, foi unha compositora moi destacada da súa época.

Resultado de imagen de lili boulanger
Lili Boulanger demostrou dende unha idade temprá grandes habilidades musicais, propiciadas por el ambiente musical del hogar onde se criou
(a súa avoa foi a cantante Julliette Boulanger, o seu pai, Ernest Boulanger (que gañou o Premio de Roma en 1835) era compositor e profesor de canto no  Conservatorio de París, onde impartiu clases a  nai de Lili, Raïssa Mischetsky). A súa irmá, Nadia, xa destacaba como alumna de composición no mesmo conservatorio cando Lili ingresou en 1912, tamén na especialidade de composición, con el profesor Paul Vidal. Aínda que a composición foi a súa gran vocación, tamén tocaba o violín, o violonchelo, a arpa, o piano e o órgano.


Foi Gabriel Fauré quen deu as súas primeiras clases de piano e canto a Lili. Aos 6 anos xa recibía clases de harmonía . Despois de que a súa irmá, o seu máximi referente, chegase dúas veces á final do prestixioso premio Roma coas cantatas Selma e Roussalka, Lili decidiu presentarse en 1912, o mesmo ano no que ingresou no conservatorio. Despois de caer enferma (debido a unha neumonía que tivo a os dou anos e que provocou que o seu sistema inmune se vira comprometido moitas veces ao largo da súa vida) retirouse pero apareceu de novo en 1913, gañando e converténdose na primeira muller en conseguir este importante premio, fíxoo coa cantata Faust et Hélène, composta para a ocasión e dedicada á súa irmá. 

Grazas ao Premio Roma gañou un contrato dun ano coa editorial Ricordi. Trasladouse a Villa Medici, na cidade de Roma onde se aloxaban os premiados. Coa Primeira Guerra Mundial en 1914 tivo que volver a París e posto que ao seu estado de saúde non podía ser enfermeira de guerra, decidiu fundar o Comité francoamericano do Conservatorio Nacional( unha organización encargada de dar apoio moral a os músicos de loita na Gran Guerra, para mantelos en contacto entre si e para axudar ás súas familias).

En 1916 regresou a Roma uns meses e despois dun diagnóstico souboque só lle quedaba dous anos de vida como moito, apresurouse a intentar rematar algunhas das súas composicións máis importantes, como os Salmos 24 e 129 e a ópera La princesse Maleine (que por desgraza non é capaz de rematar). Pouco despois  regresou a París onde pasou os últimos dous anos.

 Morreu aos 24 anos polo que agora se coñece como enfermidade de Crohn (unha enfermidade intestinal crónica) e foi enterrado no cemiterio de Montmatre, onde tamén se atopa Nadia.


Ao longo da súa vida recibiu o apoio incondicional da súa irmá, sen quen probablemente non podería ter conseguido tanto en tan pouco tempo de vida. Nadia fundou en 1939 o Fondo Memorial Lili Boulanger, en Boston, co obxectivo de manter viva a memoria e o legado de Lili e o apoio a novos músicos prometedores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario