lunes, 28 de octubre de 2019

Émilie de Breteuil, marquesa de Châtelet

Émilie de Breteuil naceu en 1706 e morreu en 1749; foi a muller científica máis importante do Século das Luces.

Resultado de imagen de emilie de breteuilDende nena tivo moito interés en aprender (cando tiña tan só 12 anos xa sabía latín, grego, alemán e italiano, leera os mellores fragmentos de Horacio e Lucrecio no idioma orixinal e sabía os textos de Virxilio de memoria). Casou cando tiña 19 anos nun matrimonio de conveniencia, moi frecuentes nesa época, con Florent Claude, marqués de Châtelet-Laumont, quen era un home interesado na caza e na guerra e pouco na cultura; aínda así sabía apreciar as cualidades da sua esposa á que admiraba e axudaba cos seus estudos.. O matrimonio tivo dous fillos pero pouco a pouco foise distanciando aínda que sempre conservaron unha excelente amizade.   

Naquela época o ambiente científico dábase nas academias e nas tertulias dos cafés, ás que tan só podían ir homes; Émilie, con audacia e confianza, acudiu alí disfrazada de home e foi recibida con  tantos aplausos e victores que os propietarios tiveron que deixala quedar..

En 1733, Émilie entrou en contacto con Voltaire, un escritor brillante e con moito éxito social que intentaba dar a coñecer en Francia as teorías de Newton. Voltaire queda impresionado con Émilie, ao igual que ela, e comezan a frecuentar os cafés, os salóns e incluso a corte de Versalles.
Ao ano seguinte Voltaire recibe aviso de que as súas  Cartas inglesas, nas que avoga pola liberdade relixiosa e política en Gran Bretaña, foran interpretadas como un ataque a Luis XV e a Igrexia de Francia, e que como resultado ía ser encarcerado; neste momento decide fuxir cara París.

Émile ao enterarse da situación decide prestarlle o seu castelo de Cirey, que se encontra a 200 km de París, Voltaire acede e decide reformar o castelo que nese momento estaba practicamente en ruinas; un ano máis tarde, Émilie, xunto cos seus dous fillos múdase alí.

Émilie e Voltaire foron amantes durante 15 anos nos que a parella escribiu libros  como Elementos da filosofía natural de Newton ( divulgacion sencilla das teorías da gravidade, a óptica e a luz), escrito por Voltaire pero que contou coa axuda da marquesa, Gramática razoada, escrita por Émilie pero que non se chegou a publicar e Exame do Xénesis (no que expuñan os seus planteamentos sobre o libro sagrado.
Émilie escribiu máis adiante un libro chamado As intitucións da física ( na que se expuña de maneira divulgativa e metódica e con comentarios persoais os principais conceptos da xeometría e a física; iniciando o libro cunha metafísica de Leibniz, onde chegaba incluso a contradicier algúns puntos das teorías de Newton), para que o seu fillo puidera estudar por un libro actualizado con todos os avances da ciencia.

Émilie foi criticada durante toda a súa vida debido ao interese que tiña por todo o relacionado coa ciencia. Advertíndoa, Voltaire, desta situación coas seguintes palabras:

" Escoitádeme, respetable Émilie, sodes bela, así que a metade do xénero humano será o voso inimigo. Sodes boa e seredes traizoada".

Esta críticas chegaron tanto de familiares como de "amigas"; unha das principais persoas que a criticaban era a súa curmá, Renée- Charlotte que chegou a dicir cousas como estas:

"Émilie é un coloso de tomo e lomo. Un fenómeno de forza e torpeza; tiña uns tremendos pés e unhas mans enormes, unha pel como rallador de noz moscada... sempre pedante e dándose de trascendente, mentras o confundía todo".

Outra muller que a criticou profundamente foi madame Deffand, propietaria dun dos salóns máis importantes dese tempo e coñecida de Voltaire; falando na súa correspondencia privada sobre o seca que era, grande, sen cadeiras, peito nin cú a marquesa de Châtelet.

No 1744, a relación con Voltaire enfríase cando este decidiu ir a Berlín e comezou a encontrarse con outras mulleres, en especial coa súa sobriña. Émilie continuou coa súa labor de traducir e comentar obras de Darwin como Principios matemáticos da filosofía natural.

En 1748, Émilie vai a Luneville, actual Nancy para ver a unha amiga e coñece ao marqés Jean- François de Saint-Lambert, con quen mantén unha relación e queda embarazada. Nese tempo Émilie segue traballando na traducción de Principia outro libro de Newton e Voltaire volve para pasar un tempo con ela antes do parto. Desgraciadamente Émilie non sobrevive ao parto e a nena que deu a luz tan só sobrevive uns días máis.

Émilie leva en sí o espíritu da Ilustración, no amor pola razón e o coñecemento, na búsqueda da felicidade e na importancia de conseguila. Ela tivo a súa propia noción de liberdade e a aproveitou; creía en sí mesma e pouco lle importaban as críticas. Émilie mirou ao mundo con ollos libres de prexuízos e dixo:

"Si eu fose rei... reformaría un abuso que posterga, por así dicilo, a metade do xénero humano; faría participar as mulleres en todos os dereitos da humanidade e sobre todo dos do espíritu".



viernes, 25 de octubre de 2019

Hipatia, a primeira muller científica

Hipatia foi unha filósofa e mestra neoplatónica que naceu en Alexandría no ano 355-370 e que morreu asasinada no 415.

Resultado de imagen de hipatiaHipatia cultivou o campo das matemáticas, escribindo libros de xeometría e álxebra, e da astronomía e mellorando  o primitivo diseño do astrolabio ( instrumento que permite determinar a posición das estrelas). Como mestra educou a unha selecta escola de aristócratas que chegaron a ocupar altos cargos como,por exemplo,o bispo Sinesio de Cirene, un dos seus discípulos preferidos e con quen mantivo correspondencia moi a miúdo, a él debémoslle o maior número de testimonos sobre Hipatia.

" Nós poidemos ver cos nosos propios ollos e ouvir cos nosos oídos a auténtica mestra da filosofía" - Cirene ao seu amigo e condicípulo sobre Hipatia.

Hipatia chegou incluso a superar ao seu pai, Teón, un astrónomo, matemático e último director e profesor do museo de Alexandría. Hipatia, seguramente espertou o interés cara a ciencia grazas a o seu pai, que ao ver as dotes da súa filla facilitoulle leccións e libros para que aprendera o máximo posible.
                                                                                                       
Nesa época os filósofos eran tan famosos como os cantantes e futbolistas de hoxe en día; os admiradores de Hipatia xuntábanse baixo a súa baranda esperando a q saíra e os saludara.

" Certo día sucedeu que Cirilo, bispo cristián de Alexandría , pasaba por diante da casa de Hipatia e viu unha gran concentración de xente e de cabalos ante a porta. Cando Cirilio preguntou qué había alí, a multitude lle contestou que era a casa da filósofa Hipatia e que ela estaba saudándoos".

Esta influencia ocasionou anos máis tarde a sua morte a mans dun grupo de fanáticos, que segundo Sócrates foi dirixido por Cirilo,quen tiña ciumes e que se beneficiaría políticamente coa morte de Hipatia. Este grupo colleuna cando ía para a sua casa nun carro, arrastrárona por toda a cidade levándoa ao templo de Cesarión onde a desnudaron e a mataron con trozos de cerámica dos escombros, despois de descuartizarla queimaron os seus restos. A sua morte perturbou á poboación, causando medo, desánimo e reprobación.

Desta maneira tan horrible remata a incrible vida desta muller ciéntifica que revolucionou ao mundo coa sua maneira de pensar e que terminou sendo olvidada co paso do tempo.





domingo, 20 de octubre de 2019

As mulleres na ciencia

Neste blog, que será a miña ferramenta durante o curso 2019-2020 para a asignatura de Filosofía da ciencia e da tecnoloxía, vou falar sobre aquelas mulleres que fixeron grandes contribucións na ciencia ao longo da historia e que, na maioría dos casos, foron esquecidas polo resto da sociedade.