miércoles, 18 de marzo de 2020

Marie Curie


Marie Curie naceu en Varsovia (Polonia), o 7 de novembro de 1867 e morreu en Passy (Francia) o 4 de xullo de 1934. Nacida como María Salomea Sklodowska, Marie Curie é coñecida por ser a primeira muller científica en recibir o Premio Nobel e a primeira profesora da Universidade Sorbona, en París.
Resultado de imagen de biografia marie curie
Os seus primeiros pasos foron como  filla do profesor de Física e Matemáticas Władysław Sklodowski e a profesora Bronisława Boguska. Marie Curie era a menor de cinco irmáns e a súa infancia estivo marcada pola morte dunha das súas irmás, a causa do tifo, e a da súa nai  quen morreu de tuberculose cando Marie tiña só 10 anos. Despois de completar os estudos de educación básica, Curie non podía entrar nunha institución de ensino superior polo simple feito de ser muller. polo que decidiu entrar coa súa irmá Bronislawa nunha universidade clandestina polaca que admitía mulleres. Bronislawa logo foi a París para estudar e en 1891 Marie Curie acabou cambiando para estudar en Francia, grazas a os seus aforros e a axuda do seu pai.

En 1893, Marie Curie graduouse en Física pola Universidade de París, sendo a número un na súa clase. Só un ano despois,coñeceu ao seu marido, pai das súas dúas fillas e compañeiro científico, Pierre Curie. Ela decidiu seguirse formando e o seu seguinte paso foi conseguir un doutoramento e utilizou como tema da súa tese a investigación sobre substancias radioactivas. Fascinado polo progreso da investigación da súa esposa, Pierre decidiu aparcar os seus estudos sobre o magnetismo para axudala. Marie e Pierre Curie traballaron xuntos e en 1898 anunciaron o descubrimento de novos elementos: o polonio e o radio; con todo, non foi ata catro anos máis tarde, cando poderían probar o seu descubrimento

 Grazas a estes descubrimentos Marie Curie gañou o Premio Nobel de Física xunto co seu marido e Becquerel polas súas investigacións sobre radioactividade. A pesar da importancia de Madame Curie nestes descubrimentos, non tivo o mesmo recoñecemento que o seu marido. En 1904, Pierre Curie foi nomeado profesor na Universidade de París e dous anos máis tarde converteuse en membro da Academia Francesa. Por desgraza, en 1906, unha carruaxe de cabalos acabou coa súa vida. Esta inversión do destino levou a Marie a ocupar a cadeira de física do seu marido na Universidade Sorbona converténdose na primeira profesora muller na universidade. 

Resultado de imagen de marie curie guerra
Tras a tráxica morte de Pierre, Marie, profundamente afectada, decidiu continuar a súa investigación e o seu compromiso coa creación dun novo e mellor laboratorio no que a traballar. Durante os anos seguintes, combinou o seu traballo na Universidade co coidado das súas fillas e súa investigación sobre a radio. Descubriu que a terapia de radiación pode ser un tratamento de cancro, o que fixo que Marie gañase seguidores e se tornase popular. Grazas a estas investigacións, Marie Curie gañou o Premio Nobel de Química en 1911. Marie Curie non era só un científica pioneira, tamén tivo un papel importante durante a Primeira Guerra Mundial, comprou varios coches científicos e máquinas de raios X portátiles e creou "ambulancias radiolóxicas". Grazas a este xesto, moitos soldados puideron salvar a vida e ela tornouse na directora do Departamento de Radioloxía da Cruz Vermella Francesa.

Tras a guerra, Curie volveu aos seus estudos e foi parte de varias academias científicas, como a Academia Nacional de Medicina en Francia en 1922 e gañou numerosos premios. Desafortunadamente, debido á radiación a que foi exposta nos seus experimentos, Marie Curie morreu o 4 de xullo de 1934.

Con todo, as súas contribucións á ciencia e á sociedade sempre serán inmortais e será sempre un modelo a seguir para todas as mulleres que buscan o seu lugar no mundo da ciencia.

viernes, 31 de enero de 2020

Lottie Dod



Lottie Dod naceu o 24 de setembro de 1871 en Bebington, Reino Unido e o seu maior logro foi ser a deportista máis vérsatil de todos os tempos.

Lottie naceu nunha familia rica na Inglaterra victoriana, debido a isto nunca tivo que traballar así que decidiu invertir o seu tempo en realizar deporte, Primeiro foi o tenis, con tan só 11 anos participou nun torneo e chamou a atención dos periodistas que a describiron como unha nena extraordinaria. Aoa 15 anos gañou o torneo de Wimbledon e converteuse na tenista máis xoven en realizar esta fazaña, o que fixo que en Inglaterra a coñecesen como Little Wonder (pequena maravilla) e a día de hoxe ninuén a superou todavía.

O máis incríble é que todo isto o facía como un hobbie e non entrenaba dunha maneira seria, na súa carreira tan só perdeu cinco partidos e foi unha das primeiras en utilizar boleas e remates, ao ano seguinte presentouse de novo e volveu gañar pero ao terceiro ano non foi xa que preferiu ir de vacacións coa súa familia a Escocia. Pero o mellor de todo foi cando se rebelou contra a obriga de levar vestidos incomodísimos e longos para xogar, aproveitou que tiña 15 anos e pediu poder xogar co uniforme do colexio, que era máis curto e lle permitía moverse mellor, funcionou, e comezou unha revolución na maneira de vestir que fixo que as mulleres puidesen practicar deportes cómodamente.
Lottie non se atreveu só co tenis senón que cando acompañou ao seu irmán nun viaxe a Suíza descubriu deportes de inverno e converteuse na mellor en deportes como o patinaxe sobre xeo,esquí, curling, alpinismo... e tamén se tirou en trineo por un tobogán de xeo dun kilómetro.

Máis tarde, Lottie intentouno co hockey que era un deporte novo e no que nas mulleres non tiñan representación polo que decidiu fundar o seu propio club que non perdeu un só partido, cando se cansou practicou golf, e aínda que segundo ela este foi o máis complicado de todos, gañou o Campeonat Británico de Golf. Pero non parou aí senón que continuou con otros deportes como tiro ao arco, e en 1906 gañou o seu primeiro torneo e en 1908 foi seleccionada para formar parte do Equipo Olímpico de Gran Bretaña para os Xogos de Londres de 1908 onde gañou a medalla de prata. Todos os seus irmáns tamén destacaron nos deportes pero foi ela a máis coñecida por arrasar en todos os deportes que practicaba.
                                                                                     
Cando estalou a 1ª Guerra Mundial abandoa a súa vida acomodada e decide facerse enfermeira para axudar aos feridos e chegou a ser condecorada pola Cruz Vermella por traballar máis de 1000 horas.

A pesar de practicar todos os deportes, o máis querido para ela foi o tenis e continuou seguindo o torneo Wimbledon que ela gañou cinco veces, chegando a morrer seguindo o mesmo pola radio.

O seu lema foi: ``Quen invente roupa cómoda para practicar deporte recibirá todas as bendicións das mulleres´´.

Elizabeth Jane Cochran (Nellie Bly)


Elizabeth Jane Cochran mellor coñecida como Nellie Bly naceu o 5 de maio en 1864 en Pensilvanya, Estados Unidos e o seu maior logro foi dar a volta ao mundo en 72 días.

Con tan só 18 anos, a valente Elizabeth conseguiu o seu primer traballo como periodista tras enviar unha carta ao diario Pittsburgh Dispatch na que se queixaba sobre un artículo publicado no que se menospreciaba a figura da muller. O director do periódico quedou tan sorprendido que lle ofreceu un posto, pero facelo debía utilizar un pseudónimo para ocultar a súa identidade de señorita ( algo moi común entre as escritoras da época) polo que Elizabeth pasou a chamarse Nellie Bly por unha canción de Stephen Foster (¡Oh!, Susana non chores máis por min).

Nun principio quixeron que ocupara os asuntos dos que se encargaban as mulleres nos diarios como os asuntos de moda, sociedad e cousas da casa pero ela negouse xa que isto a aburría. Ela rematou por convertirse en pioneira do periodismo de investigación xa que non lle bastaba con facer entrevistas e recadar información senón que ela tiña que vivilo para poder escribir sobre elo; así que facíase pasar por empleada dunha fábrica ou sirventa dunha casa para poder denunciar o clasismo e incluso chegou a facerse a loca para que a ingresaran nun manicomio feminino da isla de Blackwell durante 10 días para poder demostrar os malos tratos que recibían as enfermas nestes centros.

Pero o seu maior logro foi dar a volta ao mundo e superar o récord do libro de Xulio Verne, o fixo seguindo un encargo do seu periódico. Así foi que o 14 de novembro do 1889 Nellie partiu dende Nova Jersey cunha soa maleta cara un viaxe de 40.000 kilómetros arredor do planeta utilizando todos os tipos de transporte. Era unha fazaña impresionante polo que o seu xornal decidiu facer unha porra para que os lectores apostaran canto tardaría e incluso comercializou todo tipo de productos como cromos ou xogos de mesa que reproducían as etapas do viaxe. De Nova Jersey foi en barco ata Londres, de alí foi en tren ata París e de aí a Italia e despois en bus por toda Europa ata coller un barco de vapor (foi a primeira muller que viaxou en barco soa sen a protección dun home) que a levou a Exipto. De Exipto foi a Singapur (onde comprou un mono) e de alí a Hong Kong, onde foi en barco ata San Francisco, nese cidade colleu un tren que a levou ata Nova Jersey en exactamente 72 horas, 6 horas, 11 minutos e 14 segundos superando desta maneira o récord de Xulio Verne, a quen coñeceu en París e quen prometeu o seguinte: ``Se consegues dar a volta ao mundo en 79 días, aplaudireite con ganas´´. O último tramo de Estados Unidos causou tal sensación que a xente reuníase para vela pasar e vitoreala ao grito de: ``Go, Nellie, go´´.

Elizabeth Jane morreu en 1922 aos 57 anos, pero tivo unha vida incríble. Actualmente ten un un parque de atraccións en Brooklyn que leva o seu nome e que está inspirado na súa viaxe e na que de cando en vez soa a letra da canción que compuxeron para ela e que é a seguinte: ``Temos que levantar a voz por aqueles aos que mandaron calar. Oh, Nellie, lévanos por todo o mundo e rompe as regras porque ti es a nosa rapaza´´.








 

O seu lema foi: ``Dixen que podía e que o faría. E o fixen´´.

Mary Shelley



Mary Shelley naceu o 30 de agosto de 1797 en Londres e o seu maior logro foi ser a autora da novela gótica por excelencia, Frankenstein. Era filla de dos filósofos, Willian Godwin e a feminista Mary Wollstonecraft e creceu rodeada de libros e de todos os intelectuais que viñan visitar a súa familia.

En 1816, Mary e os seus amigos tiveron que refuxiarse do mal tempo na casa de verán que alquilaran  a orillas do lago Leman, en Suíza, porque nese verán o sol non ía asomar. O motivo desta penumbra era o volcán de Indonesia que entrara en erupción e que expulsara unha grande cantidade de cinzas que ao quedar na atmosfera taparon a luz do sol de gran parte do planeta.

Aquela oscuridade inspirou a numerosos artistas románticos, e como non a Mary e os seus amigos (Lord Byron,Percy Shelley, John William Polidori e Claire Clairmont) quen en vez de lamentarse por non poder disfrutar das vacacións como esperaban facelo decidiron facer festas de pixamas arredor do fogo contando historias de medo e ademais da súa creatividade este grupo de amigos era coñecido polas súas ideas revolucionarias, liberdade sexual e polas súas excentridades (cada vez que se encontraban botaban a cabeza cara atrás e aullaban como se fosen lobishomes).

Para pasar as horas Lord Byron retou a os seus amigos a escribir unha historia de medo para ver cal era a mellor, foi neste momento no que Mary decidiu dar vida a Frankenstein ou o moderno Prometeo, a primeira historia moderna de ciencia fición. A pesar de ter tan só dezanove anos a novela foi un éxito e máis tarde sería utilizada por Hollywood para facer numerosas películas. Aínda que cómpre dicir que estas películas pouco teñen que ver coa historia orixinal na que Frankenstein era un monstruo amarelo e áxil e rápido como un felino ademáis de que falaba de maneira moi culta xa que educouse lendo libros como O paraíso perdido de Milton.

Mary foi unha muller liberal, feminista, rebelde e que cuestionaba o establecido, nunca facendo nada sen antes preguntarse o por qué. Unha muller que viviu unha vida tan literaria como as súas novelas e que nese verán no que o volcán nublou o planeta sufriu unha transformación espiritual no que máis tarde ela describiría como o momento no que saltou da infancia á vida real.

O seu lema foi: ``Ten coidado; pois non coñezo o medo e son, polo tanto, poderosa´´.