viernes, 31 de enero de 2020

Elizabeth Jane Cochran (Nellie Bly)


Elizabeth Jane Cochran mellor coñecida como Nellie Bly naceu o 5 de maio en 1864 en Pensilvanya, Estados Unidos e o seu maior logro foi dar a volta ao mundo en 72 días.

Con tan só 18 anos, a valente Elizabeth conseguiu o seu primer traballo como periodista tras enviar unha carta ao diario Pittsburgh Dispatch na que se queixaba sobre un artículo publicado no que se menospreciaba a figura da muller. O director do periódico quedou tan sorprendido que lle ofreceu un posto, pero facelo debía utilizar un pseudónimo para ocultar a súa identidade de señorita ( algo moi común entre as escritoras da época) polo que Elizabeth pasou a chamarse Nellie Bly por unha canción de Stephen Foster (¡Oh!, Susana non chores máis por min).

Nun principio quixeron que ocupara os asuntos dos que se encargaban as mulleres nos diarios como os asuntos de moda, sociedad e cousas da casa pero ela negouse xa que isto a aburría. Ela rematou por convertirse en pioneira do periodismo de investigación xa que non lle bastaba con facer entrevistas e recadar información senón que ela tiña que vivilo para poder escribir sobre elo; así que facíase pasar por empleada dunha fábrica ou sirventa dunha casa para poder denunciar o clasismo e incluso chegou a facerse a loca para que a ingresaran nun manicomio feminino da isla de Blackwell durante 10 días para poder demostrar os malos tratos que recibían as enfermas nestes centros.

Pero o seu maior logro foi dar a volta ao mundo e superar o récord do libro de Xulio Verne, o fixo seguindo un encargo do seu periódico. Así foi que o 14 de novembro do 1889 Nellie partiu dende Nova Jersey cunha soa maleta cara un viaxe de 40.000 kilómetros arredor do planeta utilizando todos os tipos de transporte. Era unha fazaña impresionante polo que o seu xornal decidiu facer unha porra para que os lectores apostaran canto tardaría e incluso comercializou todo tipo de productos como cromos ou xogos de mesa que reproducían as etapas do viaxe. De Nova Jersey foi en barco ata Londres, de alí foi en tren ata París e de aí a Italia e despois en bus por toda Europa ata coller un barco de vapor (foi a primeira muller que viaxou en barco soa sen a protección dun home) que a levou a Exipto. De Exipto foi a Singapur (onde comprou un mono) e de alí a Hong Kong, onde foi en barco ata San Francisco, nese cidade colleu un tren que a levou ata Nova Jersey en exactamente 72 horas, 6 horas, 11 minutos e 14 segundos superando desta maneira o récord de Xulio Verne, a quen coñeceu en París e quen prometeu o seguinte: ``Se consegues dar a volta ao mundo en 79 días, aplaudireite con ganas´´. O último tramo de Estados Unidos causou tal sensación que a xente reuníase para vela pasar e vitoreala ao grito de: ``Go, Nellie, go´´.

Elizabeth Jane morreu en 1922 aos 57 anos, pero tivo unha vida incríble. Actualmente ten un un parque de atraccións en Brooklyn que leva o seu nome e que está inspirado na súa viaxe e na que de cando en vez soa a letra da canción que compuxeron para ela e que é a seguinte: ``Temos que levantar a voz por aqueles aos que mandaron calar. Oh, Nellie, lévanos por todo o mundo e rompe as regras porque ti es a nosa rapaza´´.








 

O seu lema foi: ``Dixen que podía e que o faría. E o fixen´´.

No hay comentarios:

Publicar un comentario