viernes, 31 de enero de 2020

Mary Shelley



Mary Shelley naceu o 30 de agosto de 1797 en Londres e o seu maior logro foi ser a autora da novela gótica por excelencia, Frankenstein. Era filla de dos filósofos, Willian Godwin e a feminista Mary Wollstonecraft e creceu rodeada de libros e de todos os intelectuais que viñan visitar a súa familia.

En 1816, Mary e os seus amigos tiveron que refuxiarse do mal tempo na casa de verán que alquilaran  a orillas do lago Leman, en Suíza, porque nese verán o sol non ía asomar. O motivo desta penumbra era o volcán de Indonesia que entrara en erupción e que expulsara unha grande cantidade de cinzas que ao quedar na atmosfera taparon a luz do sol de gran parte do planeta.

Aquela oscuridade inspirou a numerosos artistas románticos, e como non a Mary e os seus amigos (Lord Byron,Percy Shelley, John William Polidori e Claire Clairmont) quen en vez de lamentarse por non poder disfrutar das vacacións como esperaban facelo decidiron facer festas de pixamas arredor do fogo contando historias de medo e ademais da súa creatividade este grupo de amigos era coñecido polas súas ideas revolucionarias, liberdade sexual e polas súas excentridades (cada vez que se encontraban botaban a cabeza cara atrás e aullaban como se fosen lobishomes).

Para pasar as horas Lord Byron retou a os seus amigos a escribir unha historia de medo para ver cal era a mellor, foi neste momento no que Mary decidiu dar vida a Frankenstein ou o moderno Prometeo, a primeira historia moderna de ciencia fición. A pesar de ter tan só dezanove anos a novela foi un éxito e máis tarde sería utilizada por Hollywood para facer numerosas películas. Aínda que cómpre dicir que estas películas pouco teñen que ver coa historia orixinal na que Frankenstein era un monstruo amarelo e áxil e rápido como un felino ademáis de que falaba de maneira moi culta xa que educouse lendo libros como O paraíso perdido de Milton.

Mary foi unha muller liberal, feminista, rebelde e que cuestionaba o establecido, nunca facendo nada sen antes preguntarse o por qué. Unha muller que viviu unha vida tan literaria como as súas novelas e que nese verán no que o volcán nublou o planeta sufriu unha transformación espiritual no que máis tarde ela describiría como o momento no que saltou da infancia á vida real.

O seu lema foi: ``Ten coidado; pois non coñezo o medo e son, polo tanto, poderosa´´.

No hay comentarios:

Publicar un comentario