viernes, 25 de octubre de 2019

Hipatia, a primeira muller científica

Hipatia foi unha filósofa e mestra neoplatónica que naceu en Alexandría no ano 355-370 e que morreu asasinada no 415.

Resultado de imagen de hipatiaHipatia cultivou o campo das matemáticas, escribindo libros de xeometría e álxebra, e da astronomía e mellorando  o primitivo diseño do astrolabio ( instrumento que permite determinar a posición das estrelas). Como mestra educou a unha selecta escola de aristócratas que chegaron a ocupar altos cargos como,por exemplo,o bispo Sinesio de Cirene, un dos seus discípulos preferidos e con quen mantivo correspondencia moi a miúdo, a él debémoslle o maior número de testimonos sobre Hipatia.

" Nós poidemos ver cos nosos propios ollos e ouvir cos nosos oídos a auténtica mestra da filosofía" - Cirene ao seu amigo e condicípulo sobre Hipatia.

Hipatia chegou incluso a superar ao seu pai, Teón, un astrónomo, matemático e último director e profesor do museo de Alexandría. Hipatia, seguramente espertou o interés cara a ciencia grazas a o seu pai, que ao ver as dotes da súa filla facilitoulle leccións e libros para que aprendera o máximo posible.
                                                                                                       
Nesa época os filósofos eran tan famosos como os cantantes e futbolistas de hoxe en día; os admiradores de Hipatia xuntábanse baixo a súa baranda esperando a q saíra e os saludara.

" Certo día sucedeu que Cirilo, bispo cristián de Alexandría , pasaba por diante da casa de Hipatia e viu unha gran concentración de xente e de cabalos ante a porta. Cando Cirilio preguntou qué había alí, a multitude lle contestou que era a casa da filósofa Hipatia e que ela estaba saudándoos".

Esta influencia ocasionou anos máis tarde a sua morte a mans dun grupo de fanáticos, que segundo Sócrates foi dirixido por Cirilo,quen tiña ciumes e que se beneficiaría políticamente coa morte de Hipatia. Este grupo colleuna cando ía para a sua casa nun carro, arrastrárona por toda a cidade levándoa ao templo de Cesarión onde a desnudaron e a mataron con trozos de cerámica dos escombros, despois de descuartizarla queimaron os seus restos. A sua morte perturbou á poboación, causando medo, desánimo e reprobación.

Desta maneira tan horrible remata a incrible vida desta muller ciéntifica que revolucionou ao mundo coa sua maneira de pensar e que terminou sendo olvidada co paso do tempo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario