
María Casamayor viviu no Século das Luces, ao igual que Émilie de Breteuil da que falamos antes, neste tempo en Aragón hai unha gran decadencia económica, agrícola e educativa. A chegada ao trono do rei Felipe V supuxo a final dos Decretos de Nova Planta pero tamén a chegada dos pensamentos dos momentos da Ilustración que están tendo lugar no resto de Europa.
Recibiu a educación dos escolapios, pertencentes ao clero, cousa estrana xa que normalmente só daban educación aos homes; María escribe anos máis tarde para agradecerlles pola educación que recibiu deles.
María Casamayor escribiu dous obras, unha deles chamada Titocinio aritmético. Instrucción das catro regras llanas que saca a luz Casandro Mamés de la Marca y Araioa e é a que chegou ata nós cun nome masculino que é un anagrama do seu nome completo. Este libro ensina a sumar, restar, multiplicar e dividir paso a paso e con moito interés en explicalo con claridade e facilidade a comprensión; tamén se advirte que a autora quería que o libro fose utilizado na vida diaria e nos negocios. A obra tamén inclúe unha detallada e completa relación de todos os pesos, medidas e moedas da época na Coroa de Aragón cos seus valores e equivalencias.
María buscaba con esto que a información chegase a todo o mundo incluído as clases baixas sen recursos; este desexo viña de que para os negocios eran necesarias estes coñecementos básicos pero que a maioría da xente non tiña debido a que estes documentos estaban recollidos en obras máis extensas e tan caras que pouca xente podía permitise compralas; dícese que aínda que María escribía cousas elementais tiña un amplio coñecemento no campo das matemáticas.
A segunda obra que escribiu e que non se conserva é O para sí só de Casandro Manésy Araio. Noticias especulativas e prácticas dos números, uso das tablas de raíces e regras xerais prara responder a algunhas demandas que con ditas tablas se resolven sen álxebra, desta obra sabemos que se trataba dun manuscrito de 109 follas que contaba con follas de cálculos, sumas, restas...
O 24 de octubre de 1780 morreu arredor dos 70 anos máis ou menos, foi enterrada na Igrexia do Pilar; como non tivo fillos os seus irmáns herdaron todo.
María Casamayor tivo unha predecesora chamada Fátima de Madrid que vivía no califato de Córdoba e era filla de Abul Qasim Maslama, conselleiro de Almanzor e quen introducira a astroloxía en Al - Andalus. Gracias ao seu pai Fátima aprendeu sobre o universo e escribiu o seu propio libro chamado Correcións, no que revisaba os coñecementos existentes e enmendaba os erros ademáis de actualizar os acontecementos ocorridos nese campo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario