miércoles, 20 de noviembre de 2019

Mary Somerville

Resultado de imagen de mary somervilleMary Somerville naceu en Jedburgh o 26 de decembro de 1780; Mary pasou a súa infancia en Burntisland, unha pequena cidade en Edimburgo.

 O seu pai era mariñe polo que pasa longas estadias fóra de casa e a súa nai, filla de un avogado, ten unha educación basada en saber bordar, cociñar e leer algúns pasaxes da Biblia; esta educación traspasoulla a súa filla Mary.

Cando o seu pai voltou da Guerra de Independecia de América, notou que a súa filla non sabía leer con soltura e tampouco reter conceptos básicos; polo que decidiu mandala a escola de miss Primrose onde aprendeu algo de francés e a leer e escribir con soltura, aínda que ela recorda o paso por esta escola como unha das peores experencias da súa vida, debido a que desalentaban aos alumnos a estudar.

Grazas ao aprendizaxe da lectura avanzada puido leer todos os libros que conseguiu cando regresou a Burntisland, aínda que foi moi criticada tanto pola súa familia como polos seus coñecidos os seus pais deixaron que se seguise formando.

Mary estudaba música, costura e pintura, tocaba o piano-forte e nunha visita a casa dos seus tíos, Martha e Thomas, en Jedburgh comezou a estudar latín co seu tío.A partir desa visita comezou a leer as obras de Shakespeare e as poesías de Ossian; co seu rudimentario francés, un diccionario e moito entusiasmo comezou a intentar asociar as súas observacións nocturnas dende a ventá coas estrelas e constelacións do globo.

Nas festas xuvenís coñeceu a Samuel Greig, cónsul ruso en Gran Bretaña, quen máis tarde se convertiría no seu marido, aínda que a científica non tiña moito agrado cara el, debido a que non era  oi partidario da ciencia e moito menos de que unha muller a estudase. O matrimonio foise a vivir a Londres, tivo dous fillos e durou tan só tres anos, xa que Samuel morreu. Tras a morte do seu marido Mary volveu a Edimburgo cos seus dous fillos, e como a sua situación económica  non era moi mala puido escapar das presións da súa familia e da discriminación que existía cara a muller.

"Dende os meus anos de xuventude, a miña mente rebelouse contra a tiranía e a opresión e sufrín pola inxustiza no mundo negando todos os privilexios da educación ao meu sexo que estaban reservados aos homes".

Continou criando aos seus fillos e crecendo intelectualmente lendo libros como Astronomy de Ferguson e Principia Mathematica de Isaac Newton; na súa carreira axudouna moito entrar na Edinburgh Review, un grupo dos científicos máis importantes e cos que puido compartir as súas inquietudes e opinións sobre os temas de ciencia que eran polémica nese momento. Neste grupo de homes Mary puido avanzar moito debido a mente aberta de todos eles que non dudaban en compartir o coñecemento con ela sen ter en conta o seu xénero.

Tempo máis tarde Mary reencontrouse co seu curmán William Somerville, este pasara moito tempo no extranxeiro e non era o prototipo de varón victoriano, era cirurxián, un home moi intelixente e sempre ao día nos asuntos do seu tempo, estaba por riba dos prexuízos do seu tempo e falaba numerosos idiomas; todo isto fixo que Mary decidira casarse con el.

O matrimonio e o fillo de Mary, xa que o outro morrera, e o de William, que estivera casado e tivera un fillo ilexítemo, fóronse a vivir a Londres onde lle deran traballo a William, aínda que a William non lle foi moi ben, Mary aproveitou estar na cidade onde se estaba producindo o fenómeno científico inglés para porse ao día en todo o coñecemento que puidera. Ao ser muller tivo numerosos problemas ao longo da sua vida que foron solucionados polo seu marido que lle abriu as portas da Royal Society o a British Association for the Advancement of Science, ademáis das tertulias e foros intelectuais.

Os Somerville foron facendo grandes amigos como Charles Peacock, Charles Babbage, e os famosos astrónomos Herschel.
William Herschel, descubridor de Urano e os seus satélites inventara o telescopio máis potente do mundo; na sua casa o matrimonio Somerville coñeceu ao fillo de William, John, e a sua muller Margaret. As súas parellas comezaron unha amizade moi sólida e John axudou a Mary na sua carreira, explicándo e resolvéndolle as súas ideas e incluso correxindo os seus escritos; ademáis Mary pasou largas horas mirando polo telescopio o ceo nocturno.

En 1806 Mary publicou o seu primer traballo científico que trataba sobre as propiedades magnéticas dos raios ultravioletas do espectro solar e que apareceu na revista Philosophical Transactions of the Royal Society of London e aínda que a sua teoría foi refutada tempo despois a teoría era tan orixinal que atraxo o interés de varios científicos. Uns meses despois lord Henry Broughamm encargoulle, en nome da Royal Society, a traducción e versión explicada da Mecánica Celeste de Laplace, para que esta fora máis comprensible para todos.
Cando se publicou houbo unha acollida enorme por parte do público debida as increíbles e sinxelas explicación que fixo Somerville sobre a obra; a partir dese momento Mary non vai deixar de escribir libros. A publicación da obra a convertera nunha celebridade e a autora comezaba a ser reclamada en todas partes; este éxito non acomplexou para nada ao seu marido quen disfrutou e celebrou con ela o seu triunfo.

"O calor co que Somerville acolleu o meu éxito afectoume profundamente; un entre dez mil disfrutaría como el o fixo, pero era de natureza xenerosa, nada máis lexos del que os ciumes".

Mary comexou un novo libro chamado A conexión das ciencias científicas, dous anos despois en 1834 publica o seu libro despois de dedicarlle intensas xornadas de escritura e preparación. Nese tempo William cae enfermo e a familia múdase a Italia para que mellore co tempo cálido, alí publica en 1848 o seu terceiro libro chamado Xeografía física, que será o que alcance maior éxito.

En 1860 William morre despois de 50 felices anos de matrimonio. A súa morte provocará unha depresión na súa esposa que decidiu mudarse xunto coas súas fillas a Nápoles, alí con oitenta e cinco anos comezou a escribir o seu cuarto libro Ciencia molecular e microscópica.

Mary decidiu recoller as súas memorias nun libro que a petición dela se publicaría despois da súa morte e que foi chamado Cartas de personaxes célebres. Mary morreu o 29 de novembro de 1872 poucos días antes de cumprir os noventa e dous anos.

Unha das súas fillas, Martha, publicou a autobiografía da súa nai no ano 1873 co nome de The Personal Recollection from Early Life to Old Age of Mary Somerville.

Mary Somerville foi unha muller polifacética que puido facer compatible a súa labor científica coa de esposa e nai de familia e coa súa experencia persoal alentou a numerosas mulleres a levar unha vida completa ademáis de apoiar o voto feminino no Parlamento. En resumo unha muller incrible que merece ser recordada con todos os honores posibles.



No hay comentarios:

Publicar un comentario